Verbo de Contactos de Ovi
Con Contactos de Ovi, pode manterse conectado coas persoas máis importantes para
vostede. Busque contactos e descubra amigos dentro da comunidade Ovi.
Mantéñase en contactos cos seus amigos - chatee, comparta a súa situación e
presenza e saiba onde están e a qué andan os seus amigos. Incluso pode chatear
con amigos que utilicen o Google Talk™.
Tamén pode sincronizar os seus contactos, axenda e resto de contidos entre o seu
dispositivo Nokia e Ovi.com. A información importante almacénase e gárdase
actualizada tanto no seu dispositivo como na web. Con Contactos de Ovi, pode
dinamizar a súa lista de contactos coa seguridade de que están almacenados en
Ovi.com.
Para poder empregar o servizo cómpre ter unha Conta Nokia. Cree unha conta no
seu dispositivo móbil ou visite a páxina www.ovi.com dende o seu ordenador.
O uso de Contactos de Ovi pode implicar a transmisión de grandes cantidades de
datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.