Nokia 5228 - Escribir e enviar mensaxes

background image

Escribir e enviar mensaxes

Seleccione Menú > Mensaxería.

Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que

conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear mensaxes multimedia ou escribir correos, cómpre que estean

definidos os axustes de conexión axeitados.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida

excede este límite, o dispositivo pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar

mensaxes multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do

dispositivo de recepción.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes de correo co seu fornecedor de servizos.

Se tenta enviar unha mensaxe de correo que supere o límite de tamaño do servidor

de correo, a mensaxe quedará no cartafol Caixa de saída e o dispositivo intentará

enviala periodicamente. Para enviar un correo cómpre dispoñer dunha conexión de

datos e os intentos repetidos de reenvío de correos electrónicos poden aumentar

a súa factura do seu fornecedor de servizos. No cartafol Caixa de saída, pode borrar

a devandita mensaxe ou movela ao cartafol Borradores.

Mensaxería

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

53

background image

A mensaxería require servizos de rede.
Enviar unha mensaxe de texto ou multimedia — Seleccione Nova mensaxe.
Enviar unha mensaxe de audio ou de correo — Seleccione Opcións > Crear

mensaxe, e a opción relevante.
Seleccionar os destinatarios ou grupos da lista de contactos — Seleccione

da barra de ferramentas.
Introducir o número ou o enderezo de correo manualmente — Puntee no

campo Para.
Introducir o asunto da mensaxe multimedia ou de correo — Introducilo no

campo Asunto. Se o campo Asunto non é visible, seleccione Opcións > Campos de

enderezo para cambiar os campos que son visibles.
Escribir a mensaxe — Puntee no campo da mensaxe.
Engadir un obxecto para a mensaxe ou o correo — Seleccione e o tipo de

contido relevante. O tipo de mensaxe pode cambiar a mensaxe multimedia segundo

o contido inserido.
Enviar a mensaxe ou o correo — Seleccione

, ou prema a tecla chamar.

O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as

mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis

mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao

número de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de

puntuación, ou algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de

caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.