Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante unha conexión, significa que a
transmisión de datos entre o dispositivo e a pasarela da Internet ou o servidor está
cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos entre a pasarela e o
servidor de contido (onde se almacenan os datos) é segura. O fornecedor de servizos
protexe a transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados de seguridade nalgúns
servizos, como os servizos de banca. Se a identidade do servidor non é auténtica ou
se non dispón do certificado de seguridade correcto no teléfono, recibirá unha
notificación. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre
utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia
dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar
a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.
14. Conectividade
O teléfono fornece diversas opcións de conexión á Internet, a outro dispositivo
compatible ou a un ordenador.