Nokia 5228 - Widgets

background image

Widgets

Este dispositivo admite widgets. Os widgets son aplicacións web pequenas que se

poden descargar e que fornecen ao teléfono material multimedia, fontes novas e

outra información, como informes meteorolóxicos. Os widgets instalados

amósanse como aplicacións individuais no cartafol Aplicacións.
Para buscar e descargar widgets, visite Ovi Store na páxina store.ovi.com.
Tamén pode instalar widgets nunha tarxeta de memoria compatible (se está

dispoñible).
O punto de acceso predeterminado para os widgets é o mesmo que o do navegador

web. Cando se executan en segundo plano, algúns widgets poden actualizar

información automaticamente no dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a

través da rede do seu fornecedor de servizos. Para obter máis información verbo

das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos.