Nokia 5228 - Accesos directos

background image

Accesos directos

Para cambiar entre aplicacións que estean abertas, manteña premida a tecla Menú.

Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía

e reduce a duración da batería.
Para iniciar unha conexión web (servizo de rede), no marcador, manteña premida

a tecla 0.
Para acceder ás aplicacións dispoñibles da barra multimedia, como o reprodutor de

música ou o explorador web, prema, en calquera vista, a tecla multimedia.
Para cambiar o perfil, prema a tecla de acendido e seleccione un perfil.
Para chamar á súa caixa de correo de voz (servizo de rede), no marcador, toque 1

de xeito prolongado.
Para abrir a lista dos últimos números marcados, na pantalla de inicio, prema a tecla

Chamar.
Para utilizar comandos de voz, na pantalla de inicio, manteña premida a tecla

Chamar.