
Bloqueo remoto
Para evitar o uso non autorizado do seu dispositivo, pode bloquealo de xeito remoto
xunto coa tarxeta de memoria por medio dunha mensaxe de texto. Deberá definir
a mensaxe de texto e enviala ao teléfono para bloquealo. Para desbloquear o
dispositivo, necesitará o código de bloqueo.
Para habilitar o bloqueo remoto e definir a mensaxe de texto, seleccione Menú >
Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Seguridade > Teléfono e tarxeta
SIM > Bloqueo teléfono remoto > Activado. Puntee no campo de entrada de
texto para inserir o contido da mensaxe de texto (entre 5 e 20 caracteres), seleccione
e comprobe a mensaxe. Introduza o código de bloqueo.