Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na
que se estea accedendo á mesma, xa que podería producir danos na tarxeta de
memoria e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
1. Se o teléfono está aceso, antes de retirar a tarxeta, prema a tecla de acendido e
seleccione Retire tarxeta memo..
2. Cando se amose a mensaxe Retirar a tarxeta de memoria ? Pecharanse
algunhas aplicacións., seleccione Si.
3. Cando se amose a mensaxe Retire a tarxeta de memoria e prema
"Aceptar", abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
O dispositivo
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
34
4. Prema a tarxeta de memoria para extraela da rañura.
5. Retire a tarxeta de memoria. Se o dispositivo está acendido, seleccione
Aceptar.
4. Realización de chamadas
Pantalla táctil en chamadas
O teléfono dispón dun sensor de proximidade. Co obxectivo de alargar a vida da
batería e de evitar seleccións accidentais mentres ten o teléfono na orella, a pantalla
táctil desactívase automaticamente durante as chamadas.
Non cubra o sensor de proximidade, por exemplo, cunha
película ou cinta de protección.
Chamadas
1. Na pantalla de inicio, seleccione Teléfono para abrir o teclado de marcación e
insira o número de teléfono, incluído o prefixo. Para eliminar un número,
seleccione C.
Nas chamadas internacionais, seleccione * dúas veces para inserir o carácter +
(que substitúe ao código de acceso internacional) e insira o prefixo do país, o
prefixo de área (omita o primeiro cero se fora necesario) e o número de teléfono.
2. Para realizar a chamada, prema a tecla Chamar.
3. Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento de chamada), prema a tecla
Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a chamada, mesmo se outra aplicación
se atopa activa.
Para realizar unha chamada desde a lista de contactos, seleccione Menú >
Axenda. Vaia ao nome desexado. Tamén pode seleccionar o campo de busca, inserir
as primeiras letras ou caracteres do nome e desprazarse ata el. Para chamar ao