Transferencia de contido
É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar contido como números de
teléfono, enderezos, elementos da axenda e imaxes do seu dispositivo Nokia
anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo do dispositivo desde
o que desexe transferir contido. Se ese dispositivo admite a sincronización, tamén
será posible sincronizar datos entre os dispositivos. O teléfono notificaralle se o
outro dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta SIM, pode inserir a súa
tarxeta SIM nel. Se se acende o dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil
Desconectado actívase automaticamente e pódese realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez
1. Para recuperar datos dende o outro dispositivo por primeira vez no seu
dispositivo, seleccione Menú > Aplicacións > Cambio.
2. Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para transferir os datos.
Ámbolos dous dispositivos deben admitir o tipo de conexión seleccionado.
3. Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo de conexión, conecte os dous
dispositivos. Para facer que o teléfono busque dispositivos con conectividade
Bluetooth, seleccione Continuar. Seleccione o dispositivo desde o que desexa
transferir contido. O teléfono solicitaralle que insira un código no teléfono. Insira
un código (entre 1 e 16 díxitos) e seleccione Aceptar. Insira o mesmo código no
outro dispositivo e seleccione Aceptar. Os dispositivos están agora vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia anteriores non inclúan aínda a
aplicación Cambio. Neste caso, a aplicación Cambio enviarase ao outro
dispositivo en forma de mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio no outro
dispositivo, abra a mensaxe e siga as instrucións da pantalla.
4. No teléfono, seleccione o contido que desexe transferir desde o outro
dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e continuar máis tarde.
O dispositivo
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
27
O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo á posición
correspondente no teléfono. O tempo da transferencia depende da cantidade de
datos que se teñan que transferir.