Dicionario
Seleccione Menú > Aplicacións > Oficina > Dicionario.
Para traducir palabras dun idioma a outro, introduza o texto no campo de busca.
Ao introducir o texto, amósanse suxestións das palabras a traducir. Para traducir
unha palabra, selecciónea da lista. Poida que non se admitan todos os idiomas.
Seleccione Opcións e entre as seguintes:
● Escoitar — Escoite a palabra seleccionada.
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
122
● Historial — Atope palabras traducidas anteriormente á sesión actual.
● Idiomas — Cambie o idioma de orixe ou de destino, descargue idiomas de
Internet ou elimine un idioma do dicionario. O idioma inglés non se pode
eliminar do dicionario. Xunto co inglés, pode ter instalados dous idiomas máis.
18. Axustes
É posible que algúns axustes veñan preestablecidos no dispositivo polo fornecedor
de servizos, e pode que non sexa quen de cambialos.
Axustes do teléfono
Axustes de data e hora
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Data e hora.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Hora — Permite inserir a hora actual.
● Zona horaria — Permite seleccionar a súa posición.
● Data — Permite inserir a data.
● Formato da data — Permite seleccionar o formato de data.
● Separador de data — Permite seleccionar o símbolo de separación dos días,
meses e anos.
● Formato hora — Permite seleccionar o formato de hora.
● Separador hora — Permite seleccionar o símbolo que separa as horas e os
minutos.
● Tipo de reloxo — Permite seleccionar o tipo de reloxo.
● Ton alarma reloxo — Permite seleccionar o ton do espertador.
● Tempo repetición alarma — Permite axustar o tempo de repetición da alarma.
● Días laborables — Permite seleccionar os días laborables. Por exemplo, pode
axustar a alarma para que soe só polas mañás dos días laborables.
● Actualización auto. hora — Para actualizar a hora, a data e a zona horaria,
seleccione Activado. Este servizo de rede pode non estar dispoñible en todas as
redes.