Nokia 5228 - Dicionario

background image

Dicionario

Seleccione Menú > Aplicacións > Oficina > Dicionario.
Para traducir palabras dun idioma a outro, introduza o texto no campo de busca.

Ao introducir o texto, amósanse suxestións das palabras a traducir. Para traducir

unha palabra, selecciónea da lista. Poida que non se admitan todos os idiomas.
Seleccione Opcións e entre as seguintes:
Escoitar — Escoite a palabra seleccionada.

Outras aplicacións

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

122

background image

Historial — Atope palabras traducidas anteriormente á sesión actual.

Idiomas — Cambie o idioma de orixe ou de destino, descargue idiomas de

Internet ou elimine un idioma do dicionario. O idioma inglés non se pode

eliminar do dicionario. Xunto co inglés, pode ter instalados dous idiomas máis.

18. Axustes

É posible que algúns axustes veñan preestablecidos no dispositivo polo fornecedor

de servizos, e pode que non sexa quen de cambialos.

Axustes do teléfono

Axustes de data e hora

Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Data e hora.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Hora — Permite inserir a hora actual.

Zona horaria — Permite seleccionar a súa posición.

Data — Permite inserir a data.

Formato da data — Permite seleccionar o formato de data.

Separador de data — Permite seleccionar o símbolo de separación dos días,

meses e anos.

Formato hora — Permite seleccionar o formato de hora.

Separador hora — Permite seleccionar o símbolo que separa as horas e os

minutos.

Tipo de reloxo — Permite seleccionar o tipo de reloxo.

Ton alarma reloxo — Permite seleccionar o ton do espertador.

Tempo repetición alarma — Permite axustar o tempo de repetición da alarma.

Días laborables — Permite seleccionar os días laborables. Por exemplo, pode

axustar a alarma para que soe só polas mañás dos días laborables.

Actualización auto. hora — Para actualizar a hora, a data e a zona horaria,

seleccione Activado. Este servizo de rede pode non estar dispoñible en todas as

redes.