Reprodución de videoclips
Seleccione Menú > Aplicacións > RealPlayer.
Para reproducir un videoclip, seleccione Videoclips e o clip que desexe.
Para obter unha lista dos ficheiros reproducidos recentemente, na vista principal
da aplicación, seleccione Reprod. recent..
Na lista de videoclips, desprácese ata un clip, seleccione Opcións e unha das opcións
seguintes:
● Usar videoclip — Permite asignar un vídeo a un contacto ou axustalo como un
ton de chamada.
● Marcar/Desmarcar — Permite marcar elementos na lista para enviar ou
eliminar varios elementos ao mesmo tempo.
● Ver detalles — Permite ver detalles do elemento seleccionado, como o formato,
a resolución e a duración.
● Axustes — Permite editar os axustes da reprodución e transmisión por
secuencias de vídeo.
Nas vistas de Videoclips, Reprod. recent. e Ligazóns de transmisión, é posible que
se atopen dispoñibles as seguintes iconas da barra de ferramentas.
●
Enviar — Permite enviar un videoclip ou unha ligazón de transmisión por
secuencias.
●
Reproducir — Permite reproducir o videoclip ou a transmisión por
secuencias de vídeo.
●
Borrar — Permite eliminar o videoclip ou a ligazón de transmisión por
secuencias.
●
Eliminar — Permite eliminar un ficheiro da lista de ficheiros reproducidos
máis recentemente.
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
120