Nokia 5228 - Instalación de aplicacións

background image

Instalación de aplicacións

Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo desde un ordenador

compatible, descargar durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe

multimedia, como ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros

métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth.
Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para instalar unha

aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:

Aplicación SIS ou SISX

Aplicación Java

Outras aplicacións

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

116

background image

widgets

aplicación instalada na tarxeta de memoria

Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de

fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba

Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
● Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu fornecedor ou creador,

seleccione Opcións > Ver detalles.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da aplicación, seleccione

Detalles: > Certificados: > Ver detalles. Controle o uso de certificados dixitais

en Xestión de certificados.

● Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou parche para unha

aplicación existente, só pode restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro

de instalación orixinal ou unha copia de seguridade completa do paquete de

software eliminado. Para restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e

instálea de novo desde o ficheiro de instalación orixinal ou desde a copia de

seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa, é posible

que o teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe ningún punto de acceso

definido para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un.

Para instalar unha aplicación, leve a cabo as seguintes accións:
1. Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione Menú > Axustes e Xestor

aplicac.. Tamén pode buscar os ficheiros de instalación mediante o Xestor de

ficheiros ou seleccionar Mensaxería > Caixa de entrada e abrir unha mensaxe

que conteña un ficheiro de instalación.

2. No Xestor de aplicacións, seleccione Opcións > Instalar. Noutras aplicacións,

seleccione o ficheiro de instalación para que esta comece.

Outras aplicacións

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

117

background image

Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso. Se

instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará

unha advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e contido da

aplicación.

Para executar unha aplicación instalada, localícea no menú e selecciónea. Se a

aplicación non posúe unha carpeta predeterminada definida, instalarase na carpeta

Aplicacións intal. do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e a súa data, seleccione

Opcións > Ver rexistro.

Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación antivirus. Dispoñer de

máis dunha aplicación con función antivirus pode afectar ao rendemento e

funcionamento ou provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria compatible, os

ficheiros de instalación (.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É posible

que os ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar

outros ficheiros. Para manter suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer

unha copia de seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible

e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de

instalación da memoria do dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado

dunha mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.