Nokia 5228 - Marcado por voz

background image

Marcado por voz

O dispositivo crea automaticamente unha etiqueta de voz para os contactos. Para

escoitar a etiqueta de voz sintetizada, seleccione un contacto e, a continuación,

Opcións > Detall. da marcac. voz. Desprácese ata a información dun contacto e

seleccione Opcións > Reprod. Marcac. por voz.

Realización de chamadas cunha etiqueta de voz

Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con

ruído ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na

marcaxe por voz en todas as circunstancias.
Cando se usa o marcado por voz, utilízase o altofalante. Manteña o dispositivo a

pouca distancia cando diga a etiqueta de voz.
1. Para iniciar o marcado por voz, na pantalla de inicio, manteña premida a tecla

Chamar. Se se conectan uns auriculares compatibles con tecla de auriculares,

manteña premida esta tecla para iniciar o marcado por voz.

Realización de chamadas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

39

background image

2. Reproducirase un ton curto e amosarase Fale agora . Pronuncie claramente o

nome que desexa gardar para ese contacto.

3. O dispositivo reproducirá unha etiqueta de voz sintetizada para o contacto

recoñecido no idioma do dispositivo seleccionado e amosará o nome e o

número. Para cancelar o marcado por voz, seleccione Abandonar.

Se se gardan varios números para un mesmo nome, tamén pode pronunciarse

ademais do nome, o tipo de número, como móbil ou fixo.