Seguridade
Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea
a guía de usuario completa para obter máis información.
ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos sen fíos estea
prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para
controlar o vehículo durante a condución. A súa principal prioridade
durante a condución deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles de recibir interferencias,
o que pode afectar ao seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de
equipos médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátiles.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte
produtos non compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7