Nokia 5228 - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes GSM/

EDGE 850/900/1800/1900 MHz . Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos

para obter máis información acerca das redes.
O seu dispositivo admite varios métodos de conectividade e, ao igual que os

ordenadores, é posible que estea exposto a virus e demais contido daniño. Teña

precaución coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e descargas.

Unicamente instale e utilice servizos e software obtidos de fontes fiables que

ofrezan seguridade e protección axeitada, como aplicacións que pasasen o proceso

de certificación Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a posibilidade de

instalar programas antivirus e demais software de seguridade no dispositivo e nos

ordenadores conectados.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou ligazóns preinstalados para

sitios da Internet de terceiros e que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes

sitios non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá

ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se accede aos sitios

mencionados, tome as precaucións necesarias relacionadas coa seguridade ou cos

contidos.

Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador,

é necesario que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que

poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a

intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de

autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a

copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información

importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para

obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.

Seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

8

background image

As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que aparecen na pantalla

do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información importante acerca do

dispositivo.