Nokia 5228 - Solución de problemas

background image

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

133

background image

P: ¿Por que as imaxes semellan borrosas?

R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da cámara estean limpas.

P: ¿Por que cada vez que acendo o dispositivo aparecen puntos

descoloridos, brillantes ou que non aparecen na pantalla?

R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É posible que algunhas

pantallas conteñan píxeles ou puntos que permanecen activados ou desactivados.

Isto é normal, non se trata dun fallo.

P: ¿Por que non podo atopar o dispositivo do meu amigo mentres

utilizo a conectividade Bluetooth?

R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles, teñen activada a

conectividade Bluetooth e non están en modo oculto. Comprobe tamén que a

distancia entre os dous dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que

non hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.

P: ¿Por que non podo finalizar unha conexión Bluetooth?

R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode finalizar a conexión desde o

outro dispositivo ou desactivando a conectividade Bluetooth no teléfono.

Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth > Bluetooth >

Desactivado.

P: ¿Que fago se a memoria está chea?

R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa Non hai memoria abondo para

efectuar a operación. Borre datos. ou Memoria baixa. Borre algúns datos da

memoria do teléfono. cando está a eliminar varios elementos ao mesmo tempo,

elimine os elementos un a un, comezando polos máis pequenos.

P: ¿Por que non podo seleccionar un contacto para a miña mensaxe?

R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un enderezo ou un

enderezo de correo electrónico. Seleccione Menú > Axenda e o contacto axeitado,

e edite a tarxeta de contacto.

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

134

background image

P: ¿Como podo finalizar a conexión de datos cando o dispositivo

inicia unha conexión de datos repetidamente?

R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar unha mensaxe multimedia

do centro de mensaxes multimedia. Para que dispositivo non realice unha conexión

de datos, seleccione Menú > Mensaxería e Opcións > Axustes > Mensaxe

multimedia > Recuperación multimedia. Seleccione Manual para que o centro

de mensaxes multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde, ou

Desactivado para ignorar todas as mensaxes multimedia entrantes. Se selecciona

Manual, recibirá unha notificación cando teña unha mensaxe nova no centro de

mensaxes multimedia. Se selecciona Desactivado, o dispositivo non realizará

ningunha conexión de rede relacionada coa mensaxería multimedia. Para axustar

o dispositivo para que utilice unha conexión de paquetes de datos só se inicia unha

aplicación ou acción que a necesita, seleccione Menú > Axustes e

Conectividade > Axustes admin. > Paquetes datos > Conexión paquetes

datos > Se cómpre. Se isto non soluciona o problema, desactive o dispositivo e

volva activalo.

P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un módem de fax cun

ordenador compatible?

R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax. Non obstante, coa

función de desvío de chamadas (servizo de rede), pode desviar as chamadas de fax

entrantes a un número de fax.

P: Como calibro a pantalla?

R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No caso de que fose necesario volver calibrala,

seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Entrada toque > Calibración

pantalla táctil. Siga as instrucións.

P: Por que se amosa a mensaxe de erro Certificado caducado ou

Certificado aínda non válido cando estou a instalar unha aplicación

descargada?

R: Se se amosa Certificado caducado ou Certificado aínda non válido incluso no

caso de que o certificado debera ser válido, comprobe que a hora e a data do

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

135

background image

dispositivo son correctas. É posible que omitise o axuste da data e da hora ao iniciar

o dispositivo por primeira vez, ou que a rede móbil non actualizase estes axustes

no seu dispositivo. Para resolver isto, seleccione Menú > Axustes e Teléfono >

Xestión teléfono > Axustes fábrica. Restableza os axustes de fábrica e, cando se

reinicie o dispositivo, axuste a data e a hora correctas.

20. Consellos ecolóxicos

A continuación presentámoslle uns consellos acerca de como pode

contribuír a protexer o medio ambiente.

Aforro de enerxía

Unha vez cargada totalmente a batería e desconectado o teléfono do cargador,

desenchufe o cargador da toma de corrente.
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte:
● Peche e desactive as aplicacións, servizos e conexións cando non as utilice.
● Reduza o brillo da pantalla.
● Configure o teléfono para que entre en modo de aforro de enerxía tras un período

mínimo de inactividade, sempre que o seu teléfono dispoña desta función.

● Desactive os sons innecesarios, como os do teclado e chamada.

Reciclado

A meirande parte de materiais dos teléfonos Nokia son reciclables. Comprobe como

reciclar os seus produtos Nokia na páxina www.nokia.com/werecycle, ou se utiliza

o seu teléfono móbil, www.nokia.mobi/werecycle.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa

zona.